Richard Feynman

Richard Phillips Feynman, nado en Nova York o 11 de maio de 1918 e finado nos Ánxeles (California) o 15 de febreiro de 1988, foi un físico estadounidense, considerado como un dos máis importantes do seu país no século XX. O seu traballo en electrodinámica cuántica valeulle o Premio Nobel de Física en 1965 compartido con Julian Schwinger e Sin-Itiro Tomonaga. Neste traballo desenvolveu un método para estudar as interaccións e propiedades das partículas subatómicas utilizando diagramas denominados diagramas de Feynman. Nos seus primeiros anos como físico participou no desenvolvemento da bomba atómica no proxecto Manhattan. Entre as súas múltiples contribucións á física destacan tamén os seus traballos exploratorios sobre computación cuántica e os primeiros desenvolvementos de nanotecnoloxía.


Developed by StudentB